Asociación de Acción Socioeducativa
BUXAINA

QUEN SOMOS
Somos un grupo de PERSOAS e PROFESIONAIS que acompañan a infancia no seu desenvolvemento e as familias na crianza. Comezamos esta andaina na procura de sensibilizar á sociedade da NECESIDADE de contaxiar e difundir a CULTURA DA INFANCIA, a través da na xeración de contextos educativos e formativos baseados nunha sociopedagoxía da saúde, do coidado socioeducativo e na crenza das potencialidades infantís como cidadáns activos dunha sociedade.

ACOMPAÑAMOS
BUXAINA, como asociación de acción socioeducativa sen ánimo de lucro, realiza intervencións de diversos tipos, comprometida co benestar infantil e o seu desenvolvemento saudable en todos os ámbitos transversais onde está presente, de 0 a 6 anos, xunto coas suas familias ou axentes que exerzan responsabilidades sobre ela. Pretendemos desenvolver proxectos socioeducativos, formativos e de protección da INFANCIA.
Proxectos ao servizo da comunidade co fin de xerar igualdade de oportunidades e acompañar procesos de desenvolvemento persoal en nen@s e familias, con especial sensibilidade para aqueles que se atopan en situación de vulnerabilidade.
OS NOSOS VALORES
Estes son os valores que inspiran a actuación da Asociación de Acción Socioeducativa BUXAINA:

COMPROMISO SOCIAL
Dirixímonos á comunidade como núcleo principal da nosa intervención, considerando as persoas dentro dos seus contextos de relación.

PARTICIPACIÓN
Pretendemos xerar espazos de participación nos que nenos e familias teñan a súa voz e a súa capacidade de intervir.

INCLUSIÓN
A nosa intención é xerar situacións que axuden a nenos e familias a romper os círculos da pobreza e de exclusión social.

PROXIMIDADE
Entendemos a proximidade como un acompañamento aos procesos socioeducativos de nenos e familias, xerando confianza e escoita activa.
CONTACTA CON NÓS
Teléfono: 694250410
Correo electrónico: info@accionbuxaina.org