
ESPAZO FAMILIAR DE CRIANZA 0-3 ANOS
CIMU de Fene + Asociacion de Acción Socioeducativa BUXAINA
Xeran un lugar de encontro na NATUREZA para familias con nen@s de 0 a 3 anos de idade, onde intercambiar dúbidas, saberes e xogos. Disponse dun refuxio moi acolledor de 27 m2, situado nun terreo rodeado de natureza e calma.

Cando?
Podedes apuntarvos no formulario que tedes no fondo da páxina. Poñerémonos en contacto con vós para acordar a planificación e a organización da vosa participación. Xa comezamos.

Con quén?
Este proxecto para @s nen@s e familias, é realizado por BUXAINA, en colaboración co CMIU de Fene. Equipo humano con experiencia profesional no acompañamento do desenvolvemento infantil saudable. Facendo partícipes, a todas as persoas e recursos existentes na comarca.

Onde?
Situado no Concello de Fene. Está ubicado nas instalacións ao aire libre do CMIU Fene, con entrada directa desde a estrada e sen barreiras arquitectónicas, accesible para tod@ nen@.
Espazo familiar de crianza 0-3 anos
@s responsables das Redes Sociais (RRSS) de alibebe.es estiveron facendonós unha entrevista e coñecendo o proxecto. Queremos agradecerlles o interese no noso proxecto e a través das vosas RRSS seguimos dando a coñecer o espazo familiar de crianza 0-3 anos para compartir dúbidas, saberes, afectos e xogos, na procura de xerar un rede de relacións entre iguais (nen@s e familias).
Ubicado no Concello de Fene, nas instalaciones del CMIU de Fene É un espazo accesible para todas as familias, con entrada directa desde la carretera e sen barreiras arquitectónicas.
Acompañar na crianza
Estivemos en radio Fene para ter unha entrevista dando a coñecer o espazo familiar de crianza de 0 a 3 anos ubicado no CMI Unidade de Fene. Queremos agradecer a radio Fene esta oportunidade para difundir esta iniciativa socioeducativa.